Este foi un reencontro exprés, só demorou un día:
O día 23 Teresa Antónia pedía axuda a este Atopadoiro para procurar a familia do seu avó Antonio Guillán que no ano 1920 emigrara ós Estados Unidos de América.
O mesmo día por la mañá soliciteille os datos que puidera ter da súa familia en Galicia y sen perder tempo pola tarde xa tiña a resposta cos datos, abundantes y precisos.
O 24 pola mañá púxenme a traballa e a procurar xente cos apelidos do seu avó en Palmeira, concello de Ribeira. Non fixeron falta moitas chamadas, axiña atopei a unha sobriña do avó Antonio, persoa moi amable e curmán do seu pai, coa que estiven falando un rato bo.
Dende o Atopadoiro desexamos moitas felicidades polo reencontro e especialmente nestas festas tan sinaladas do Nadal. Tal parece que o neno Xesús quixo facer un agasallo a esta familia.