Primeiro reencontro do ano e de Xaneiro de 2010: Cuba/Italia e San Claudio, Ortigueira

Este primeiro reencontro foi madrugador. A piques estiven de resolvelo onte, fin de ano, pero a señora Marta non me colleu o teléfono. Hoxe a mañá non houbo problema, descolgáronme o teléfono e a outra banda apareceu a voz de unha señora moi amable que me atendeu con moito cariño. Despois das presentacións e de felicitarlle o Aninovo, non tiven que falar moito para darme conta que estaba ante a prima do pai de Maidelín.

Maidelín Seoane é unha galego-cubana residente en Italia, non sei se hai 12 anos ou dende os 12 anos, pero para o caso é o mesmo, porque foi ela a que o día 29 de decembro pedírame axuda para atopar a súa familia galega.

E como sempre, despois de pedirlle algún dato máis e, ó seren estes dabondo, púxenme a facer a chamadas de rigor e as poucas chamadas contactei coa señora Marta.

Desexo que este reencontro, que ven coa entrada de ano, sexa un augurio de ledicia e felicidade para Maidelín e para a súa irmá que está aínda en Cuba a espera de acadar a súa nacionalidade.

Saúdos, bicos e unha forte aperta para ela e que este reencontro enraíce na súa alma galega e prenda tamén na nosa terra vencellándoa con ela.

Crisanto

Esta entrada foi publicada en Reencontros familiares en Fillos e etiquetada , , , , , . Garda a ligazón permanente.

4 respostas a Primeiro reencontro do ano e de Xaneiro de 2010: Cuba/Italia e San Claudio, Ortigueira

  1. Te la envie yo Crisanto… ERES UN ANGEL!!! Moitas grazas… Teño a un amigo chamado German que pronto vos vai a contactar tambien… Muchisimas grazas!

  2. Parabéns! Que bo agasallo de aninovo! Grazas, Crisanto, polo fantástico traballo que estás a facer como Responsable do Atopadoiro.

  3. Parabéns de todos !!! Con que buen pie comezamos el año
    Un saúdo
    Pilar

  4. Susanagt di:

    Felicidades por tu buen trabajo, Crisanto……
    No sabía que trabajáis tanto para encontrar a nuestros familiares perdidos, no tengo palabras de agradecimiento. Hacéis un trabajo fantástico y muy digno de admiración…….
    En el tema de esta señora, “Maidelín” enhorabuena y comentarte que hablo un poco italiano, que si algún día necesitas ayuda en traducir algo no dudes en contactarme, trabajo en Galicia para una empresa Italiana, y mi jefe es Italiano, así que cualquier cosa que pueda ayudar estaré encantada, es lo menos que puedo hacer por vosotros que también me ayudais……..
    Saludos

Os comentarios están pechados.