Segundo reencontro do mes de Xaneiro de 2010: Carballiño-Ourense e Bos Aires-Arxentina

O día 12 deste mes recibín a mensaxe de Alicia que buscaba no concello de O Carballiño familiares da súa avoa. A procura había que centrala entre Medela e Madarnás pois alí estaba enterrada a súa avoa que volvera da Arxentina a morrer na súa aldea natal. Teño que da-las grazas a Sra. Xosefa de Medela que me atendeu con moita amabilidade e me deu o telefono de Moncho un sobriño da avoa de Alicia. Falei con el e logo notei a ledicia na súa voz polo reencontro que se daba.

Alicia volveume a escribir dicindo que xa falara coa muller de Ramón e que estaba moi emocionada que lle contara cousa da súa avoa que ela lembraba con nostalxia.

De agora para diante a eles toca gozar do seu reencontro e seren felices e a nos desexarlles que estas raíces que volven tocar terra galega medren e crezan en morriña e saudade. Eu pola miña banda síntome pagado abondo.

“Le agradezco lo que hizo por mi, si pudiera viajar, un sueño que nunca pude cumplir, me gustaria saludarle. Muchas gracias por todo, le mando un beso grande”
Grazas Alicia
Esta entrada foi publicada en Reencontros familiares en Fillos e etiquetada , , , , , , , . Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Segundo reencontro do mes de Xaneiro de 2010: Carballiño-Ourense e Bos Aires-Arxentina

  1. Alicia disfruta de esta nueva familia, algún día podrás cumplir tu sueño.
    Un saludo
    Pilar

Os comentarios están pechados.