Terceiro reencontro do mes de Xaneiro de 2010: Guntín-Lugo e Bos Aires-Arxentina

Elba, membro de Fillos de Galicia, mandara xa en 2006 a primeira mensaxe de procura de familiares do seu pai. Agora o día 26 deste volvéunolo lembrar con outra mensaxe. Parecía doado acadar un resultado satisfactorio para esta procura pois, igual que o segundo reencontro deste mes, estaba moi ben centrada: Zolle-Guntín, Lugo. Onte, día 27, non conseguín nada na maña, só que volvera a chamar a hora do xantar que podería atopar o xefe da casa e quizais el me podería axudar como así foi, chameino hoxe as 4 da tarde e díxome que había un veciño preto del que podía ser o parente que eu andaba a procurar, mais como non tiña teléfono fixo, quedei con el en chamalo mais tarde pois ía a buscalo. Era Antonio, un primo segundo de Elba, fillo de un sobriño do seu pai.

Dende Fillos de Galicia e dende o Atopadoiro aledámonos por este novo reencontro e facemos votos para que este novo lazo que se bota entre Galicia e América non se volva a romper nin caia no esquecemento senón que se faga mais forte co tempo.

Parabéns e felicitacións para as dúas familias.

Esta entrada foi publicada en Reencontros familiares en Fillos e etiquetada , , , , , , . Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Terceiro reencontro do mes de Xaneiro de 2010: Guntín-Lugo e Bos Aires-Arxentina

  1. Parabéns novamente, Crisanto! Cada vez máis preto dos 100 encontros!!! 🙂 Isto si que é comezarmos ben o ano. Grazas.

  2. Parabéns de Elba, disfruta desta nova familia!!!!
    E merecido recoñecemento a Crisanto!!
    Un saúdo
    Pilar

Os comentarios están pechados.