O 4 deste mes de Febreiro mandou a súa procura Francisco pois andaba buscando ós seus curmáns Mirta e Norberto en Bos Aires. Posto en contacto coa nosa socia Cachafeiro en pouco tempo, o día 7, xa tiña localizados os dous.
Dende que estou eu como responsable do Atopadoiro este é o primeiro reencontro que se acada dende a emigración; esperemos que despois de agora logremos máis.
Dende o Atopadoiro aledámonos por este novo reencontro en colaboración con Arxentina e desexamos que este novo lazo que se bota entre Bos Aires e Parada de Sil non se romper nin caia no esquecemento senón que se faga mais forte co tempo.
Parabéns e felicitacións para as dúas familias.