Chegou a este Atopadoiro o día 21/03/2011 unha mensaxe de Elisa Noemí na procura de contactar coa súa familia en Becerreá (Lugo). Como daba moitos detalles deles foi moi doado atopalos en Lugo capital.
Se algún membro de fillos quere atopar a familiares seus en Galicia pode mandar unha mensaxe a: atopadoiro@fillos.org con tódolos datos posibles, cantos máis mellor. Nós trataremos de atopalos sempre que sexa posible.