Novembro de 2011 reencontro Cuba-Valadouro, Lugo

Cristobal dende Cuba mandárame unha mensaxe ó Atopadoiro o 29 de agosto deste ano, pedíndome axuda porá procurar familiares de seu avós; el, Francisco Puga Currás, de Xunqueira de Ambía, Ourense, ela, Mª Filomena ferreiro Álvarez de Ferreira, Valadouro, Lugo.

Pola parte do avó non houbo sorte pois en Xunqueira de Ambía non quedan xa eses apelidos.

Pola banda da avoa, buscando a través de unha irmá da avoa, chamada Florentina, atopei 3 fillas e un fillo desta señora, sobriños da avoa de Cristobal.

Dende o Atopadoiro e dende Fillos de Galicia desexamos que este novo reencontro sirva para crear novas raíces entre as dúas familias e sexan tan fortes que non se podan volver a arrincar.

Esta entrada foi publicada en Reencontros familiares en Fillos e etiquetada , , . Garda a ligazón permanente.