Reencontro decembro 2011 USA-Palmeira, A Coruña

Este foi un reencontro exprés, só demorou un día:

O día 23 Teresa Antónia pedía axuda a este Atopadoiro para procurar a familia do seu avó Antonio Guillán que no ano 1920 emigrara ós Estados Unidos de América.

O mesmo día por la mañá soliciteille os datos que puidera ter da súa familia en Galicia y sen perder tempo pola tarde xa tiña a resposta cos datos, abundantes y precisos.

O 24 pola mañá púxenme a traballa e a procurar xente cos apelidos do seu avó en Palmeira, concello de Ribeira. Non fixeron falta moitas chamadas, axiña atopei a unha sobriña do avó Antonio, persoa moi amable e curmán do seu pai,  coa que estiven falando un rato bo.

Dende o Atopadoiro desexamos moitas felicidades polo reencontro e especialmente nestas festas tan sinaladas do Nadal. Tal parece que o neno Xesús quixo facer un  agasallo a esta familia.

 

This entry was posted in Reencontros familiares en Fillos and tagged , , , . Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>