Segundo reencontro decembro 2009: Venezuela e Cabana de Bergantiños

O 14 deste mes de decembro recibiuse neste servizo do atopadoiro a solicitude, desde Venezuela, de Alicia Vázquez Briceño solicitando axuda para contactar con familiares do seu pai xa morto. Despois de contactar con ela pedíndolle algún dato máis e comprobar que a liña de comunicación funcionaba, púxenme a buscar. Foi moi doado axudala pois sendo tan próximo o parentesco, atopar ó seu tío Xesús foi cousa de coser e cantar. Polo que me di nunha mensaxe de agradecemento do día 28 deste xa contactou con el. Alédome moito por eles e que este reencontro familiar que lles trouxo o Neno Xesús dure para sempre e a ledicia chegue o fondo dos seus corazóns  e os inunde de felicidade tan desexada nestes días de Nadal.

Quero aproveitar estas datas e este reencontro para agradecer a todos aqueles que se lembraron do Atopadoiro e de min para felicitarme as festas e agradecerme o que fixera por eles. Grazas de todo corazón. Estes recoñecementos chegan moi fondo e animan a seguir traballando para axudar a xente.

Eu sei que hai moita mais xente que non atopou a súa familia e que as que o acadaron foron as menos; pero aínda que traballamos duro, as máis das veces non  acadamos  os obxectivos. Sentímolo moito pero moitas veces, aínda que sabemos o lugar de nacemento e dado que nos remontamos moi atrás no tempo, o recordo das persoas xa se borrou da memoria dos seus paisanos a as veces dos mesmos parentes.

De tódolos xeitos seguide mandando as vosas procuras ó Atopadoiro que nos faremos sempre o que estea na nosa man para solucionalo.

Saúdos e boa entrada de ano.

Crisanto

Publicado en Reencontros familiares en Fillos | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Segundo reencontro decembro 2009: Venezuela e Cabana de Bergantiños

Primeiro reencontro decembro 2009: Bos Aires e Vigo

Mediado o mes de novembro Sergio Porto dende Bos Aires, por medio dunha mensaxe a este servizo do Atopadoiro, pedía axuda para volver a contactar coa súa familia de Vigo.

Postos a traballar e con  toda a información que nos dera, que foi moita, hoxe día 2 de decembro, logramos falar cos curmáns del  en Vigo.

Dende Fillos e dende O Atopadoiro en particular aledámonos por este novo reencontro que ven a romper a seca  que tivemos no mes de novembro pois a pesares de traballar  arreo non acadamos resultados satisfactorios.

Desexamos que os novos lazos entre Sergio e a súa familia galega sexan duradeiros e o reencontro os encha de ledicia.

Saúdos e parabéns para todos eles, Crisanto

Publicado en Reencontros familiares en Fillos | Etiquetado , , , , , | 1 comentario

Primeiro reencontro en Outubro 2009: U.S.A. e Rodeiro

Ola a todos:
Hai uns días que Dania (daniamsuarez) atopou a súa familia, pola banda da súa avoa, en Coreixas, concello de Rodeiro, Pontevedra. A cousa ven de atrás, de marzo do 2008 onde ela a través do Atopadoiro pedía axuda para atopar a familia da súa avoa Estrella. A cousa estivo algo parada pero activouse de novo no pasado mes de setembro cando ela con outra mensaxe ó Atopadoiro pedía a procura de familiares do seu avó Antonio; daquela démoslle un novo pulo a procura que rematou en este novo reencontro coa familia da avoa. O contacto coa familia do seu avó queda nas mans da familia da avoa pois el era de Alemparte tamén no concello de Rodeiro e teñen mais posibilidades de pola en contacto coa familia do avó.
Aínda que ela se adiantou a nos no reencontro, pois contactou alá polo día 5 deste mes a través dun anuncio no Faro de Vigo, nos dende eiqui dámoslle os nosos parabéns e aledámonos con ela para que este feliz reencontro bote raíces que non morran e duren para sempre.
Con tantos reencontros, e novos lazos dende unha a outra parte do Atlántico, este océano estase a facer cada vez máis pequeno.
Saúdos e parabéns para eles, Crisanto

Publicado en Reencontros familiares en Fillos | Etiquetado , , , , , , | 2 Comentarios

Cuarto reencontro setembro 2009: Arxentina e Moraña

O nove de Agosto, Luís Martínez dende Bos Aires pedía, neste servicio do Atopadoiro, axuda para a procura de familiares de seu pai, Andrés Emilio e da súa nai Aurelia, ámbolos dous de Moraña, aínda que un da parroquia de Rebón e outro da de Saiáns.
Postos ó traballo, non puidemos atopar familiares pola banda do pai , aínda que as veces estivemos moi preto de conseguilo pero coido que debido ós recelos non foi posible confirmalo. Pola parte da nai chegamos a atopar e falar cun curmán dela, mais aínda que me comentara que tamén había sobriños non puidemos facer contacto.
Seica Luís vai vir neste vindeiro mes de outubro a visitar a terra dos pais, deixo que el descubra o resto dos parentes.
Despois de falar, uns días antes, con Luís e darlle a boa noticia, o día 23 mandábanos unha mensaxe de agradecemento pola axuda que lle prestáramos:

“No sabes cuánto te agradezco todo lo que has hecho para que pueda saber si hay alguien de mi línea paterna o materna para contactar.
Realmente has sido de un gran apoyo. Nuevamente gracias, ya llegaré a la tierra de mis padres y por lo menos me contactaré con un familiar de mi madre.
Luis Martínez”


Dende o Atopadoiro e dende fillos aledámonos por el con el e desexamos que Luís, ós seus 72 anos, poida por fin reencontrarse coa súa familia galega.

Publicado en Reencontros familiares en Fillos | Etiquetado , , , , | 2 Comentarios

Terceiro reencontro setembro 2009: Cuba e Cospeito

Ola a tódolos membros e socios de Fillos:

A historia deste reencontro empezou o día 7 de setembro con esta mensaxe de Ariel:

“Hola a todos!
Mi nombre es Ariel Veiga Cabrera. Estoy buscando familiares de mi abuelo paterno. Él emigró a Cuba en la tercera década del siglo XX y acá se casó con mi abuela y nació mi padre. Mi abuelo se nombraba Manuel Veiga Regueiro y nació en Lamas. Lugo el 17 de Diciembre de 1894. Hijo de Ramón Veiga Garcia y Antonia Regueiro Pérez.
Agradecería mucho cualquier ayuda que puedan brindarme.
Un afectuoso saludo”

As outras mensaxes que se cruzaron no Taboleiro pódense ler neste enlace:

Como Lamas en Lugo hai uns cantos i en concellos diferentes o primeiro que fixen foi localizar en qué Lamas nacera o avó Manuel e como case sempre, cun pouco o traballo e cunha pouca sorte, xurdiu seu rexistro de nacemento no concello de Cospeito. Logo tras unhas cantas chamadas chegou o milagre, atopei un sobriño do avó Manuel.
Hoxe día 21 recibín unha mensaxe, no Atopadoiro, de Ariel agradecendo o traballo levado e describindo a ledicia tan grande que sentiu toda a familia, no só el, tamén os fillos vivos do avó Manuel, o pai del máis unha tía.

Dende eiquí quero darlle as gracias a José Antonio Martínez pola atención e axuda que me prestou a hora de localizala familia de Ariel.
Ben, outra familia axuntada e outra ledicia nas almas dos reencontrados en como non tamén na miña por poder ser de axuda, e ter a sorte de acadar estes reencontros.

Meus parabéns para eles e saúdos, Crisanto

Publicado en Reencontros familiares en Fillos | Etiquetado , , , | 1 comentario

Segundo reencontro de Setembro 2009: Cuba – Ferrol

Recibín o día 4 de setembro a seguinte mensaxe de Alejandro:
“Saludos ante todo. Soy cubano pero nieto de gallegos. Mi abuelo paterno se llamaba Andrés Fernández Cerdido y quisiera saber si tenemos algún parentesco el es hijo de Andrés Fernández y de Antonia Cerdido y nació el 4 de febrero de 1900. Yo me llamo Alejandro”
Sigue lendo

Publicado en Reencontros familiares en Fillos | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Segundo reencontro de Setembro 2009: Cuba – Ferrol

Primeiro reencontro de Setembro 2009: Cuba – A Coruña

Este reencontro resolveuse a escape. O día 5 deste mes de setembro, onte, Andreus78 pedía axuda para buscar unha prima. Cós datos que daba a cousa parecía moi doado resolvela, a pesares de que a persoa que buscaba era unha muller e os teléfonos acostuman a estar a nome dos maridos. Pero houbo sorte e logo acadamos atopándoa, digo acadamos, porque tanto Andreus78 máis eu falamos con ela hoxe día 6, nun espacio de dúas horas.
Sigue lendo

Publicado en Reencontros familiares en Fillos | Etiquetado , | 1 comentario

Primeiro reencontro de Xullo 2009: Sao Paulo – Riós

Un novo reencontro tivo lugar este mes de xullo a través do Atopadoiro. O día 6 de xullo o novo membro de fillos Magda Gago fixera a súa petición de procura de contacto con familiares do seu avó Luís Gago Afonso de Florderei concello de Riós. De contado puxémonos a traballar e como os datos que nos mandara eran moi precisos foi moi doado encontralos; e tras algunhas chamadas de teléfono atopamos parentes do seu avó pola bando dos Gago e pola dos Afonso.
Sigue lendo

Publicado en Reencontros familiares en Fillos | Etiquetado , , , , | 1 comentario

Cuarto reencontro de Xuño 2009: Brasil – Forcarei

Reencontro entre Brasil e Soutelo de Montes, Forcarei – Pontevedra. O 18/06/2009 recibiuse esta mensaxe en rolda@fillos.org

Olá…
Sou brasileira com nacionalidade espanhola, filha de galegos nascidos em Pontevedra, José Maria Fraiz Soto e Alsira Ferreira Fraiz.
Procuro contato ( email ) de meus familiares que vivem em Soltelo del Montes: José Luis Garcia conhecido como Calis.
Agradeço a quem puder me ajudar.
Abraços
Márcia Fraiz

Sigue lendo

Publicado en Reencontros familiares en Fillos | Etiquetado , , , | 2 Comentarios

Terceiro reencontro de Xuño 2009: Venezuela – Pantón (Lugo)

Reencontro entre Caracas e San Vicente de Castillón, Pantón – Lugo: O día 13 de Marzo Antonio Orlando facía unha petición en Procuras Familiares no Atopadoiro. Tratábase de atopar familiares do seu pai, Antonio Orlando Area Sánchez, en San Vicente de Castillón-Lugo. O día 8 de xuño remitinlle a seguinte mensaxe:

Sigue lendo

Publicado en Reencontros familiares en Fillos | Etiquetado , , , , | 1 comentario