Sobre esta sección

A sección de Reencontros familiares adquire personalidade e espazo de seu en 2009 dentro do proceso de evolución de Fillos.org denominado Fillos 4.0.

Nestas páxinas reuniremos as noticias acerca dos reencontros producidos grazas ao noso Atopadoiro, o noso Taboleiro ou calquera outro espazo de comunicación de Fillos de Galicia.